Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Bolsas de traballo e Listaxes de reserva

E.g., 12/02/2026
E.g., 12/02/2026

LISTA DE RESERVA DE PROFESORES DE PIANO 2024

24/03/2025

Mediante Resolución da alcaldía de data 14/01/2026 se iniciou o chamamento ofrecendo a contratación laboral temporal por circunstancias da producción dun profesor de piano 30 horas a semana ata o remate do curso 25-26. Os aspirantes deberán aceptar ou renunciar por rexistro o prazo para facelo é ata o día 21/01/2026

LISTA DE RESERVA CONTRATACIÓNS TEMPORAIS PROFESOR PIANO-COMPOSICIÓN 2025

13/03/2025

Mediante Resolución de data 01/08/2025 se inicia ochamamento á única a aspirante da lista, ofrecendo a contratación interina ata cobertura definitiva por persoal laboral fixo, a candidata dispón de 2 días hábiles para presentar aceptar ou rexeitar o ofrecemento.. Prazo que remata o vindeiro martesdía 05/08/2025.

Lista de reserva para contratacións temporais profesores PIANO-COMPOSICIÓN ESTABILIZACIÓN

17/02/2025

Mediante resolución da Alcaldía de data 17/02/2025, aceptáronse as renuncias dos aspirantes da lista de reserva para unha contratación laboral temporal de substitución ata a cobertura por persoal laboral fixo, dunha praza de profesor de piano-composición e se iniciaron os trámites necesarios para a formación dunha nova lista de reserva que deixe esta inutilizada

LISTA DE RESERVA DE PROFESORES DE VIOLÍN ESTABILIZACIÓN

17/02/2025

Iniciado o ofrecemento de contratación temporal dun profesor de violín 30 horas a semana, e ante a renuncia dos mesmos o ofrecemento, mediante Resolución da Alcaldía de data 17/02/2025, aceptouse a renuncia dos aspirantes para a contratación laboral temporal de substitución ata a cobertura por persoal laboral fixo dun profesor de violín 30 h e se iniciaron os trámites para a formación dunha nova lista de reserva que deixase inutilizada esta.

Proceso selectivo formación lista de reserva contratacións temporais parazas profesor guitarra clásica

2/10/2023

Mediante Resolución da Alcaldía de data 19/10/2023, se iniciou o chamamento para a contratación laboral temporal dun profesor de guitarra ata a cobertura por persoal laboral fixo (oferta estabilización). O aspirante dispón do prazo de dous días para aceptar ou renunciar o chamamento.

Lista de reserva para nomeamentos interinos prazas operarios de obras

12/04/2023

Con data de 12/04/2023 se aprobou a lista de reserva para nomeamentos interinos para prazas de operarios de obras, dita lista estará vixente ata que se realice outro proceso selectivo para prazas de operarios de obras e en todo caso por 3 anos.

LISTA DE RESERVA PARA NOMEAMENTOS INTERINOS PRAZAS AUXILIAR ARQUIVO E BIBLIOTECA

10/02/2023

Con data de 04/09/2023 se publicou anuncio da resolución de ofrecemento de nomeamento interino dun auxiliar de arquivo e biblioteca a tempo parcial, asemade se remitiu correo electrónico a cada un dos aspirantes que integran a lista de reserva. Os aspirantes dispoñen de 2 días hábiles (ata o mércores día 06/09/2023) para aceptar ou rexeitar o ofrecemento.

Segunda ampliación lista de reserva para contratacións temporais profesores de piano

27/10/2022

Os aspirantes dispoñen de 2 días hábiles para aceptar ou renunciar o ofrecemento do contrato de substitución coma profesor de piano 30 horas semanais e ata a cobertura da praza por persoal laboral fixo (praza incluída na oferta de estabilización e actualmente convocada).

O prazo remata o venres día 06/10/2023.

Proceso selección para formación lista de reserva auxiliares administrativos

17/10/2022

Mediante Resolución da Alcaldía de data 18/09/2024, se propuxo a aspirante María Belen Navarro Ortigosa para o nomeamento interino coma auxiliar administrativo vinculado a substitución de Dona Patricia Gradín Fernández, a aspirante dispón de 24 horas hábiles para presentar a documentación necesaria para o seu nomeamento.

 

PROCESO SELECTIVO AMPLIACIÓN E UNIFICACIÓN LISTA RESERVA OBOE

11/10/2022

Hoxe reuniuse o tribunal de selección do proceso para ampliación de lista de reserva para contratacións temporais de profesores de óboe, polo que se publican as puntuacións provisionais. A aspirante dispón de 3 días hábiles para a presentación de alegacións. Se non se presentasen alegacións as puntuacións provisionais serán definitivas.

Proceso selectivo lista de reserva profesor escola-conservatorio especialidade clarinete

12/09/2022

Mediante Resolución da concellería delegada de persoal de data 12/09/2022 se iniciou o chamamento para a contratación laboral temporal  en interinidade a tempo parcial (11 horas) ata a cobertura da praza por persoal laboral fixo ( a mesma atopase dentro da oferta de estabilización do emprego temporal).

A aspirante requirida dispon do prazo de dous días hábiles para presentar a aceptación da contratación

Páginas