Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui ten unha clara vocación turística. A súa situación e os seus recursos naturais e patrimoniais constitúen un valor en alza. O conxunto histórico, o Camiño Portugués, o Parque Natural do Monte Aloia, o río Miño, a ruta xudía, a Eurocidade...son os eixos principais desta área. O Turismo amosase cada vez máis coma un dos principais recursos cos que contará Tui no futuro. A promoción é xa un eixo fundamental no desenvolvemento dun sector, que lentamente vai creando traballo e oportunidades na cidade. Unha tarefa na que todos deberemos implicarnos, por suposto o Concello como xestor pero tamén as empresas e os profesionais do sector.

Mañá celébrase en Tui a segunda xornada de “O Camiño Sostible”

Undefined

Mañá venres, 16 de outubro, a partir das 10 h a aula da UNED, no antigo Convento de San Domingos, acollerá a segunda xornada do proxecto “O Camiño Sostible”, que forma parte do programa “O teu Xacobeo”.

Trátase dunha actividade que ten por obxectivo dinamizar e pór en valor todos e cada un dos sectores e actores que forman parte do Camiño de Santiago. Ao tempo persegue con eles e a súa interacción, promocionar o turismo e o desenvolvemento local a través dos valores do camiño e a sustentabilidade.

O Concerto “Cantares.Tradición oral no Camiño Portugués” chega este sábado a Tui

Undefined

A cidade de Tui, porta do Camiños Portugueses de Santiago, acollerá este sábado, 17 de outubro, un concerto a cargo Leni Pérez e Roberto Comesaña que tras unha ampla investigación sobre o patrimonio inmaterial do Camiño Portugués teñen preparado este espectáculo sobre a nosa tradición oral que veñen interpretando nas diversas localidades do Camiño Portugués e que chegan esta vindeira fin de semana á cidade de Tui. O espectáculo terá lugar no recinto do Cárcere vello o sábado 17 de outubro a partir das 19,00 horas.

O tren turístico da Eurocidade realizará esta fin de semana dúas viaxes até os muíños do Tripes

Undefined

Esta fin de semana, tanto o sábado coma o domingo, o tren turístico da Eurocidade realizará unha viaxe dende o centro urbano até os muíños do río Tripes. Sairá as dúas xornadas ás 10 h dende a Praza da Inmaculada e regresará ás 13 h. As prazas ofertadas son 30 que se deben reservar na Oficina de Turismo ou no correo turismo@tui.gal

Tui reflexiona sobre as posibilidades do territorio no futuro post-covid co gallo do Día Mundial do Turismo

Undefined

Este domingo, 27 de setembro, celébrase o Día Mundial do Turismo. Este ano celébrase baixo o lema “O turismo e o desenvolvemento rural” que quere expresar a capacidade excepcional do turismo para crear oportunidades no ámbito non urbano e coma instrumento eficaz para a preservación do patrimonio cultural e natural.

Aberto o prazo de inscrición para o Taller de Inmersión á repostería sefardí

Undefined

A concellería de Turismo do Concello de Tui oferta, dentro do programa de actividades das Xornadas Europeas da Cultura Xudía, un taller de inmersión á repostería sefardí. Correrá a cargo de Abigail Cohen, propietaria da única pastelaría con obradoiro artesanal de pastas xudías existente en España, a Pastelería “La Candela” en Hervás.

Mañá presentase a Xornada Europea da Cultura Xudía Eurocidade Tui-Valença

Undefined

Mañá xoves, 3 de setembro, ás 10 h na sala de concelleiros da casa do concello de Tui terá lugar a presentación da Xornada Europea da Cultura Xudía Eurocidade Tui-Valença “Rutas Sefardís” que se vai celebrar do 5 ao 18 deste mes.

A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Turismo  e Patrimonio,  Laureano Alonso xunto co vereador de Cultura da Cámara de Valença, José Monte.

Oficina Municipal de Turismo

A Oficina Municipal de Turismo está situada no céntrico Paseo da Corredoira. Dende o 2 de febreiro de 2022, a nova oficina máis ampla, céntrica moderna, accesible atende a visitantes e turistas en pleno centro urbano de Tui no Paseo da Corredoira nº 16. Executouse ao abeiro do proxecto Río Miño, un destino navegable. 

Horario dende o 1 outubro

  • De martes a domingo e festivos de 10.30 a 13.30 h e de 16.00 a 19.00 h
     

Teléfono 677 41 84 05

Undefined

Este verán poden volver visitarse os Sambenitos no Museo Diocesano

Undefined

 Os  Sambenitos atopados nos anos 80 na Catedral de Tui, pezas destacadas do patrimonio xudeu tudense, poden visitarse de novo este verán no Museo Diocesano.  No terceiro andar do edificio expóñense cinco lenzos cos 14 sambenitos dos que 10 son os orixinais e 4 son copias, xa que os orixinais atópanse agora no Museo Catedralicio.

O patrimonio das parroquias tudenses centra a exposición “Pérdete polo rural”

Undefined

Unha maqueta cos petróglifos máis representativos do Baixo Miño, e un mapa visual onde se plasman máis de 70 elementos do patrimonio situado nas parroquias tudenses son dous dos elementos que forma para da exposición “Pérdete polo rural” que dende hoxe se pode visitar na Oficina Municipal de Turismo, na praza de San Fernando en Tui.  Permanecerá aberta até mediados de agosto.

Este mediodía o alcalde, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Cultura, Laureano Alonso, participaron na apertura da mostra canda aos promotores da mesma Telmo Alfaya e Antonio Lago.

O cárcere vello converterase nun centro de acollida de peregrinos e visitantes

Undefined

O cárcere vello converterase nun centro de acollida de peregrinos e visitantes. A empresa Trivium estratexias en cultura e turismo S.L., adxudicataria do concurso de “Redacción do proxecto de acondicionamento do local e montaxe do Centro Cárcere Vello para a acollida aos visitantes do conxunto histórico de Tui e aos peregrinos do Camiño de Santiago” presentou hoxe no concello proxecto.

Páginas

Suscribirse a RSS - Turismo