Comeza a campaña “Tui é un amor. Namoráte de Tui” que busca a promoción da cidade e do comercio local
“Tui é un amor. Namórate de Tui” é o lema da campaña que hoxe mesmo se pon en marcha en Tui co gallo do Día dos Namorados. Trátase dunha iniciativa conxunta das concellerías de Comercio e de Turismo do Concello de Tui que conta coa colaboración do comercio local. O obxectivo é fomentar as compras no comercio local con motivo da celebración do Día dos Namorados.
A campaña foi presentada este mediodía na casa do concello polo alcalde, Enrique Cabaleiro, xunto á concelleira de Comercio, Ana Mª Núñez, e o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso.