Presentación mañá ás 11.15h do Concerto Fin de Verán
Mañá xoves, 14 de setembro, ás 11.15h na sala de reunións da casa do concello de Tui presentarase o Concerto Fin de Verán que se vai celebrar este sábado, 16 de setembro, na praza de Fromista. Está organizado pola Asociación cultural Betún coa colaboración do Concello de Tui a través das concellerías de Cultura e Patrimonio.
A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, do concelleiro , Miguel Capón Rey, e da concelleira de Patrimonio, Carmen Núñez, xunto a responsables da Asociación Cultural Betún, e do grupo tudense Best Boy.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.