O ALCALDE RECIBE A LILIANA BENVENISTE, EMBAIXADORA DA RED DE JUDERIAS – CAMINOS DE SEFARAD EN ARXENTINA
O Alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, recibiu esta mañá na Casa do Concello de Tui, a Liliana Benveniste, embaixadora da Red de Juderias de España – Caminos de Sefarad, que neste días visita a nosa cidade para achegarse ao coñecemento do rico patrimonio xudeu que atesoura Tui e outras localidades de Galicia.