Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

Clausurado o obradoiro de emprego tras o excelente labor realizado na recuperación do patrimonio

Undefined

A Aula da UNED en Tui acolleu esta mañá o acto de clausura do Obradoiro de Emprego ‘Revaloriza Tui’. Unha actividade formativa que se viña desenvolvendo dende outubro de 2021 e na que participaron vinte alumnos e alumnas que hoxe recibiron o seu certificado final de profesionalidade. Dez deles o fixeron na modalidade de cantería especializada en Colocación de Pedra Natural e Montaxe e outros tantos na de carpintería en Instalación de Construcións de Madeira.

A exposición fotográfica “Camiño Branco. Camiño Antártico” pode visitarse en Tui até finais de agosto

Undefined

Dende hoxe pode visitarse na Sala de Exposicións Municipal, no edificio Francisco Sánchez, a exposición “Camiño Branco. Camiño Antártico” composta por 62 fotografías que documentan os máis de 14 mil quilómetros da ruta xacobea máis longa até a data.

A Axenda Urbana de Tui presentou a diagnose que da paso á redacción do plan de acción

Undefined

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, quere agradecer a toda a cidadanía participante no acto de presentación da diagnose da Axenda Urbana de Tui a súa implicación e colaboración. O alcalde fai tamén extensivo o seu agradecemento a todas as persoas participantes nas mesas de traballo, nas entrevistas semiestruturadas e nas enquisas telefónicas realizadas no proceso de participación que permitiu presentar, agora, a análise DAFO de Tui.

Uso de fogos de artificio e pirotecnia na celebración de festas

Undefined

 A  Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais o seu artigo 37.1 establece que en todos os terreos forestais e zonas de influencia forestal, durante a época de perigo alto de incendio forestal, os artefactos que leven aparellado o uso do lume, así como a utilización de fogos de artificio, o lanzamento de globos e doutros artefactos pirotécnicos, que en todos os casos estean relacionados coa celebración de festas l

A Axenda Urbana de Tui convoca ás directivas das asociacións e colectivos á presentación da diagnose da cidade

Undefined

A Axenda Urbana de Tui pechou o seu proceso participativo e convoca ás directivas de asociacións, colectivos, comunidades de montes e clubs deportivos á presentación do informe de diagnose que terá lugar este mércores, 20 de xullo, ás 20:30 horas no salón de plenos da Casa do Concello.

Cinco mozos e mozas de Grecia, Italia, Eslovaquia, Letonia e España realizan voluntariado no Camiño Portugués en Tui

Undefined

Cinco persoas voluntarias de Grecia, Italia, Eslovaquia, Letonia e España realizan este verán labores de sostenibilidade, interculturalidade, promoción da inclusión social, … en Tui e no Camiño Portugués.  Estas cinco persoas participan no proxecto Xacobeando liderado pola Xunta de Galicia, e que supervisa a asociación guardesa FOCO.

A eurocidade Tui-Valença convértese na capital das artes de rúa co FIAR

Undefined

24 funcións,  17 espectáculos e 5 localizacións conforman a segunda edición de FIAR, o Festival Internacional de Artes de Rúa que terá lugar o venres 22, sábado 23 e domingo 24 na Eurocidade Tui-Valença financiado con fondos europeos do Interreg España – Portugal a través do proxecto Unicidade.

A presentación do festival tivo lugar esta mañá na antiga alfándega de Valença por parte do alcalde, Enrique Cabaleiro, e do presidente da Cámara de Valença, José Carpinteira.

Presentación do Festival Internacional de Artes de Rúa, FIAR

Undefined

Mañá venres, 15 de xullo, ás 11 h na antiga alfándega de Valença terá lugar a presentación do Festival Internacional de Artes de Rúa da Eurocidade Tui-Valença, FIAR que se vai celebrar do venres 22 ao domingo 24 deste mes de xullo.

A presentación correrá a cargo do alcalde, Enrique Cabaleiro, e do presidente da Cámara de Valença, José Carpinteira.

Páginas

Suscribirse a RSS - Alcaldía