Resolución da alcaldía declarando tres días de loito oficial
Como testemuña da dor dos cidadáns de Tui ante a explosión ocorrida no día de onte na parroquia de Paramos de Tui, e recollendo o sentir deste Concello polas vítimas e perdas sofridas.
Esta alcaldía, no uso das competencias que lle confire a lexislación vixente en materia de réxime local,
RESOLVE:
PRIMEIRO.- Declarar tres días de loito oficial que comprenderán dende as 10:00 horas do día 24 de maio de 2018 ata as 10:00 horas do día 27 de maio de 2018, durante os cales as bandeiras da Casa Consistorial, ondearán a media asta en sinal de loito.