Debido á celebración do Enterro do Bacallau o domingo 18 de 10 a 22 h non se poderá estacionar no aparcamento municipal na traseira do edificio Francisco Sánchez.
Debido á celebración do Enterro do Bacallau o domingo 18 de 10 a 22 h non se poderá estacionar no aparcamento municipal na traseira do edificio Francisco Sánchez.
Hoxe ás 12 h, na praza do Concello, convócase unha concentración silenciosa dun minuto en mostra de apoio e solidariedade coas familias dos gardas civis falecidos en acto de servizo, o pasado día 9 en Barbate, en tarefas de loita contra o narcotrá
Debido á celebración do Concurso-Desfile de Entroido do próximo martes 13 ,haberá ás seguintes restricións de tráfico:
Hoxe de 10 a 13 h realizarase un corte no subministro de agua que afectará ás parroquias de Malvas e Pexegueiro, debido á necesidade de reparar unha avaría na tubaxe xeral de abastecemento.
Dende hoxe luns estará cortado un tramo da Avenida de Portugal, á altura do nº 22, por obras que vai executar o Consorcio do Louro.
#Aviso
Mañá venres, 26 de xaneiro, estará pechado o aparcamento municipal na traseira do edificio Francisco Sánchez, por labores de mantemento do firme.
Debido a unha avaría, hoxe venres, 19 de xaneiro, de 9.30 a 12.00 h, realizarase un corte no subministro de agua que afectará a Paramos, Baldráns e Caldelas.
Debido a unha rotura na tubaxe producida esta mañá a parroquia de Areas, incluíndo a zona comercial, continúa nestes momentos sen subministro de agua. Estase a traballar para reparar o problema o máis axiña posible.
Actualización 14.38 h Reestablecido o servizo
O venres 24 e o sábado 25 de novembro estará en Tui a unidade móbil de doazón de Sangue. Poderase doar esta tarde de 16 a 21 h e mañá de 10 a 15 h. Situarase na rúa Casal Aboy, a carón do centro de saúde.
Débense retirar todos os vehículos estacionados no Paseo Fluvial, así coma á beira do Miño, ante a previsible subida do caudal debido á apertura de comportas no encoro de Frieira.
Está cortado o acceso dende a praza da Estrela ao Paseo Fluvial. As fortes precipitacións rexistradas na tarde de mércores, 18 de outubro, provocaron o desprazamento do muro das escaleiras e corre risco de derrube.