Xornada de portas abertas na EDAR de Guillarei O Consorcio Augas do Louro e Aqualia celebran o Día Mundial da Auga cunha xornada de portas abertas na EDAR de Guillarei
O Consorcio de Augas do Louro e Aqualia organizan unha xornada de portas abertas con visitas guiadas á EDAR de Guillarei o próximo sábado 22 de marzo con motivo do Día Mundial da Auga.
Esta iniciativa pretende resaltar a importancia da auga como recurso imprescindible para o benestar da sociedade mostrando os procesos de depuración e o conxunto da xestión do ciclo urbano da auga, ademais de sensibilizar sobre o problema da contaminación da auga e concienciar sobre a capacidade persoal de axudar ao medioambiente.
Programaranse visitas en horario de mañá e tarde cos seguintes horarios:
- 10:00h visita laboratorio e proceso depuración (maiores 12 anos) 12:00h visita laboratorio e vídeo proceso depuración (menores 12 anos acompañados)
- 16:00h visita laboratorio e proceso depuración (maiores 12 anos)
Os horarios estarán suxeitos a posibles modificacións en función do número de participantes en cada quenda.
Os interesados poden enviar a súa solicitude indicando Nome, DNI, Concello de residencia, idade de cada un dos participantes e hora de visita ao correo contactoconsorcio@fcc.es.