Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Unha visita polos lugares da memoria de Rosendo Salvado pechan as xornadas con motivo do 2010 aniversario do seu nacemento

29/02/2024

Sairá mañá ás 17.30 h da praza de San Fernando para rematar ás 19 h na casa natal do bispo tudense

Mañá venres, 1 de marzo, finalizan as Xornadas Rosendo Salvado que promove o Concello de Tui para a difusión da vida e traxectoria deste singular tudense. Coincidindo co CCX aniversario do seu nacemento na nosa cidade na tarde do venres desenvolvérase unha visita guiada a diversos lugares da cidade ligados á memoria do egrexio frade beneditino.

Salvado mantivo sempre unha estreira relación con Tui, onde residía a súa familia así como con diversos amigos que sempre conservou na súa cidade natal, mantendo o emprego do galego nalgunha das súas comunicación así como a saudade pola súa terra.

Ao longo da visita os participantes poderán comprobar como diferentes lugares de Tui conservan a memoria de Rosendo Salvado. Esta visita comezará na Praza de San Fernando, xunto á catedral tudense ás 17.30 horas. O percorrido finalizará na súa casa natal, na rúa que leva o seu nome no barrio de Remuíños, coa colocación dunha coroa de loureiro en lembranza e homenaxe a este tudense universal.

O alcalde de Tui expresa o seu desexo de que este ciclo contribúa ao coñecemento da figura de Frei Rosendo Salvado, superando os tópicos que aínda o rodean, e a súa excepcional obra que como tudenses e como galegos nos fai sentir orgullosos da súa contribución á nosa historia colectiva.