Tui e Valença xa son Eurocidade
11/02/2012
Tui e Valença son xa unha Eurocidade. De agora en diante os dous municipios promoverán de xeito conxunto a converxencia económica, social e cultural, para que o efecto fronteira deixe de ser un inconvinte e pase a ser un elemento potenciador. Así se recolle nun dos artigos do convenio suscrito polo alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro Mendes, e o conselleiro de Presidencia da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. É un convenio con duración indefinida