Tui agarda a miles de persoas este sábado na Xuntanza Cabalar de San Bartolomeu
Compra-venda de gando, xincanas, concursos e espectáculos ecuestres con Aires de Romero e Alberto Borjas forman parte do programa
Miles de persoas participarán este sábado, 24 de agosto, en Tui na Xuntanza Cabalar de San Bartolomeu, a segunda das dúas que anualmente se celebran na cidade xunto á de San Telmo. Esta é unha cita secular que conta con gran tradición e que nos últimos anos ten dado un gran a nivel cualitativo e cuantitativo que a sitúa entre as máis relevantes e importantes das que se celebran en Galicia.
O programa comezará, no recinto da rúa Loureiro, ás 8 h coa actividade de compra-venda de gando. Establécense premios aos tratante con máis Cabeza, con máis Burros, con máis Cabalos e con máis Ponis.
A partir das 10.30 celebrarase a xincana infantil, unha proposta que busca atraer ao público máis novo. Logo haberá tamén xincana de adultos. Todas aquelas persoas que acudan á Xuntanza a cabalo e que circulen pola pista de presentación a partir das 11 h poderán optar aos premios especiais, que se entregarán ás 13 h, á Mellor Presentación, aos Xinetes, Amazonas, Cabalos, Ponis, Carrozas, Burros, Mulas, así coma ao Xinete máis novo e á Amazona máis nova.
Ás 14 h horas o público poderá disfrutar co espectáculo ecuestre “Aires de Romero” con Miguel Romero, Andrea Alonso e Inés Cobián. Tras o xantar, ás 17 h, haberá demostracións de enganche de troncos, limoneras, ponis, e tamén infantil. Nesta proba contarase co participación do campión de España de enganche.
O programa da Concentración Cabalar de San Bartolomeu pecharase, ás 20 h, co espectáculo ecuestres de Alberto Borjas cos seus cabalos españois da Eguada Lantarón.
Ao longo do día haberá poni club no que os nenos e nenas se poderán realizar o seu bautismo hípico. No recinto non faltarán postos de artigos de equitación, así como postos gastronómicos.
O concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, salienta o traballo que se leva realizando nos últimos anos para situar ás concentracións cabalares de Tui, San Telmo e San Bartolomeu, entre as máis destacadas de Galicia. Convida Rafael Estévez a acudir este sábado a Tui e gozar do amplo programa previsto ao longo da xornada.
Xuntanza Cabalar San Bartolomeu
Data: Sábado, 24 de agosto
Lugar: rúa Loureiro
Programa:
- 08:00: Apertura da feira, coa compra e venda de gando cabalar.
- 10:30: Xincana paralela para nenos e nenas.
- 11:30: Xincana paralela para adultos.
- Premios:
- 1º: Cheque regalo de 100 €, trofeo, cabezada e chuches.
- 2º: Cheque regalo de 40 €, trofeo, cabezada e chuches.
- 3º: Cheque regalo de 20 €, trofeo, cabezada e chuches.
- Premios:
- 13:00: Entrega de premios especiais.
- 14:00: Espectáculo ecuestre a cargo de Aires de Romero.
- 17:00: Enganche: troncos, limoneras, ponis, nenos.
- 20:00: Espectáculo de clausura con Alberto Borjas cos seus cabalos españois da Eguada Lantaron.
- 22:30: Verbena coa Orquestra Compostela.
Premios Especiais:
- Á Mellor Presentación.
- Xinetes, Amazonas, Cabalos, Ponis, Carrozas, Burros, Mulas.
- Xinete máis novo, Amazona máis nova.
Premio Tratante:
- Con máis Cabezas.
- Con máis Burros.
- Con máis Cabalos.
- Con máis Ponis.
Nota: Todos os premios especiais entregaranse entre as 11:00 e as 13:00. Para recibir o premio, será necesario circular pola pista de presentación co animal correspondente. Durante toda a feira, os asistentes poderán gozar do Poni Club (Bautismo Hípico para nenos) de balde.