Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Teatro do Morcego presenta “Kvetch. Unha comedia americana sobre a ansiedade” este venres no Teatro Municipal

21/04/2010

Será este venres ás 21.30h no Teatro Municipal

Teatro do Morcego presenta "Kvetch. Unha comedia americana sobre a ansiedade"

As entradas están á venda na web www.culturatui.info

 

 

Mércores, 21 de abril de 2010. O Teatro Municipal de Tui acolle este venres ás 21.30h a representación de "Kvetch. Unha comedia americana sobre a ansiedade" da man de Teatro do Morcego.

 

Esta obra foi escrita por Stven Berkoff e está dirixida por Álvaro Lavín. Sobre o escenario, para dar vida aos distintos personaxes, estará un elenco galego e portugués formado por Celso Parada, Mónica Camaño, Miguel Pernas, Dorotea Bárcena e Mundo Villaluste.

 

"Kvetch" é unha obra dedicada a todos os que teñen medo. Trátase dun espectáculo impúdico, xubiloso, devastador e feroz cos medos, frustacións e co stress diario.

 

Teatro do Morcego creouse en 1989 da man do actor e director Celso Parada e Isabel Ávila. No seu haber ten premios coma o Compostela por Misterio cómico e Doberman ou o María Casares por Lazariño de Tormes. Na compañía traballaron e traballan importantes actores galegos como: Maxo Barjas, Luísa Merelas, Santi Prego, X. Estévez, X. Carlos Mosquera "Mos", Carlos Blanco,Paco Campos, Miguel Varela, Mundo Villalustre, Gonzalo Uriarte, E. R. Cunha "Tatán", Pepa Barreiro, Casilda García, Sonia Rúa, Salvador del Río, etc.

 

As entradas están á venda na web www.culturatui.info ao prezo de 5€ e 3€, e o venres dende ás 20h pódense mercar no Despacho de Billetes da Área Panorámica.

 

Tui foi o espazo da Rede Galega de Teatros e Auditorio con maior media de espectadores en 2009

 

O Teatro Municipal de Tui logrou en 2009 a mellor media de espectadores dos 42 espazos que forman parte da Rede Galega de Teatros e Auditorios. En total o ano pasado programáronse catorce funcións acadado unha media de 284 espectadores en cada evento. A media galega sitúase nos 147 espectadores por función.

 

Dende a Concellería de Cultura quérese amosar o agradecemento ao público pola súa fidelidade e constancia xa que estas cifras son posible grazas á boa resposta obtida á programación realizada. E tamén importante a labor realizar por actores, directores e técnicos que coa profesionalidade e bo facer posibilitan tamén a consecución destas magníficas cifras. Este éxito non sería tampouco posible sen o apoio dos medios de comunicación que co difusión dos distintos eventos contribúen a que a programación do Teatro Municipal chega ao público non só de Tui, senón de toda a comarca e do sur de Pontevedra así coma do Norte de Portugal.

 

Neste ano 2010 a Concellería de Cultura seguirá traballando para tentar mellorar no posible o servizo que presta á cidadanía, agardando de novo volver contar co beneplácito do público.

 

 

Nota: Pódense consultar os datos completos de público na Rede de Teatros e Auditorios na web   http://www.agadic.info/imxd/boletin/doc/1270635355e_scena_abril_10.pdf

 

Kvetch. Unha comedia americana sobre a ansiedade

Lugar: Teatro Municipal de Tui

Data: Venres, 23 de abril, ás 21.30h

Entradas: 5€ - 3€

Venda de localidades na web www.culturatui.info ou o venres dende ás 20h no despacho de billetes do Teatro Municipal.