Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Sarabela Teatro pon en escena “Konrad ou o neno que saíu dunha lata de conservas” o venres ás 20,00 h no Teatro Municipal

23/02/2011

Sarabela Teatro pon en escena “Konrad ou o neno que saíu dunha lata de conservas”

Trátase dunha comedia infantil con 60 minutos de duración

A representación será o venres ás 20h no Teatro Municipal de Tui

 

 

Martes, 22 de febreiro de 2011. O Teatro Municipal de Tui acolle este venres ás 20h a representación de “Konrad, ou o neno que saíu dunha lata de conservas” da man de Sarabela Teatro.

 

Trátase dunha comedia infantil, con sesenta minutos de duración, dirixida por Ánxeles Cuña Bóveda e interpretada por Elena Seijo, Sabela Gago, Fernando Dacosta, Tito R. Asorey e Nate Borrajo.

 

Na mesma cóntase a historia da señora Bartolotti que un día recibe por correo un fillo de sete anos chamado Konrad, que sae dunha lata de conservas. Nesta obra cóntase con moito humor as emocionantes e divertidas situacións na que se ve envolta a señora Bartolotti pola presenza deste neno e cómo o defende cando se descobre que houbo unha equivocación e o envío non era para ela.

 

Sarabela Teatro é unha das compañías máis consolidadas en Galicia, levando 29 anos en escena. No seu haber contan cunha importante lista de galardóns os máis recentes son os cinco premios María Casares pola montaxe de “A Esmorga” polo que están nominados amais coma mellor espectáculo revelación ao premios Max. Uns galardóns no que a directora da compañía Ánxeles Cuña Bóveda está tamén nominada coma mellor autora dramática en galego por “Dame Veleno”.

 

As entradas para esta representación están xa á venda ata o venres ás 13h na web www.culturatui.info ou o venres dende ás 18.30h pódense adquirir no despacho de billetes na Área Panorámica. As entradas teñen un prezo xeral de 3€, e 2€ para os que teñan dereito a algúns dos descontos establecidos como xubilados, estudantes, parados, familia numerosa, discapacitado ou posuidores do carné xove ou do carné máis.

 

Sarabela Teatro con “Konrad ou o neno que saíu dunha lata de conservas”

Data:  Venres, 25 de febreiro, ás 20h

Prezo das entradas: 3€ - 2€

Venda de localidades: En www.culturatui.info ata o venres ás 13h e no despacho de billetes o venres dende ás 18.30h.

Máis información en: www.culturatui.info ou en www.sarabelateatro.com