Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A sala municipal de exposición de Tui acolle a mostra “Los desastres de la Guerra” de Francisco de Goya

10/11/2010

A SALA MUNICIPAL DE EXPOSICIÓN DE TUI ACOLLE A MOSTRA “LOS DESASTRES DE LA GUERRA” DE FRANCISCO DE GOYA

Gracias á colaboración establecida entre a Concelleria de Cultura do Concello de Tui e a Deputación Provincial de Pontevedra está aberta ao público na Sala Municipal de Exposicións de Tui a mostra “Los Desastres de la Guerra” de Francisco de Goya. Esta maña o Vicepresidente da Deputación Provincial, José Juan Durán Hermida, e o Concelleiro de Cultura de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, presentaron esta exposición aos medios de comunicación. Trátase da excepcional  coleccion de gravados que posúe o Museo de Pontevedra da primeira ediciónde “Los Desastres de la Guerra”. Esta exposición permanecerá na Sala de Exposicións tudenses ata o vindeiro 20 de novembro.

Cun dramatismo e unha modernidade precursora das reportaxes de guerra da prensa actual, nos gravados que conforman a colección de Los Desastres de la Guerra o artista narra, cunha mirada fortemente crítica e exenta de reivindicación heroica, non só os horrores da guerra senón tamén a súa opinión sobre o irracional da condición humana. Goya aborda unha escalofriante denuncia da guerra e as sus consecuencias a través das vítimas da mesma, os homes e mulleres que sofren, padecen e morren, pero en cualquera dos dous bandos, pois en moitas das estampas non é posible identificar quen son os autores dos horrores e, incluso, achégase ao absurdo e desolador panorama político da posguerra nas últimas estampas

Entre outubro de 1808 e 1810 Goya dibuxou bocetos preparatorios, a meirande parte a sanguina (hoxe no Museo del Prado), y a partir de éstos comezou a gravar as planchas en 1810, ano que aparece en varias delas. A data da súa conclusión, dada a ínfima calidade do papel, dos vernices e resinas, así como a reutilización das planchas, debe situarse en torno a 1815, pois neste período Goya tivo graves dificultades para encontrar mellores calidades debido á precariedade de medios materiais derivada dos tiempos de guerra.
Los Desastres están realizados ao augaforte, con algunha aportación de punta seca, e presentan unha grande innovación técnica: a augada. Trátase da aplicación direta do auguaforte sobre a plancha cun pincel, sen que medie protección algunha en ésta, unha técnica que proporciona suavísimos tonos ao romper a brillantez dos brancos pero sen trama algunha, como sí ocurre na augatinta, unha técnica que, a diferencia de en Los Caprichos, apenas utiliza nesta serie.
A primeira edición da serie apareceu en 1863, trinta e oito años logo da morte de Goya. A ela pertence o excepcional exemplar que posue o Museo de Pontevedra que se mostra na presente exposición e que presenta a particularidade de conservarse tal e como foi comercializado no seu momento, cas oitenta estampas encadernadas en dez cuadernillos independentes e con cubertas de papel fino.
Para o concelleiro de cultura do Concello de Tui esta exposición é todo unha privilexio para os tudenses pois permite achegarse a produción artística dun  dos máis grandes xenios da arte universal, Francisco de Goya. Gracias á colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra, que Moisés Rodríguez Pérez agradece, a Sala de Exposicións tudense acolle esta serie de gravados de Goya que enriquece de xeito excepcional a programa deste espazo municipal que ven desenvolvendo unha intensa actividade de promoción das diversas manifestacións artísticas