Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A ribeira de Caldelas acolle o IV Rocha Folk

15/08/2024

Actuarán as bandas de gaitas Templarios del Oza, Amigos do Bombinho, Lembranzas da Terra e a Insua. Amais haberá concertos de Os Melidaos, Pärbo, As Pituquiñas e Tanto no ten.

A ribeira de Caldelas acollerá mañá venres 16 e sábado 17 de agosto o IV Rocha Folk organizado pola Asociación Cultural A Insua, dentro da súa Semana Cultural, e no que colabora o Concello de Tui. Este evento forma parte da programación “Tui, verán na rúa”. Serán dúas xornadas nas que a música e neste espazo natural privilexiado á beira do Miño atraerán a centos de persoas.

O programa do IV Rocha Folk, Festival Folk Internacional, ábrese mañá venres ás 21 h coa actuación das pandereiteiras “As Pituquiñas” da Asociación Cultural Santa Columba no exterior do Hotel Balneario. Ás 22 h comezará o pasarrúas e actuación, xa na ribeira, da Banda de Gaitas Lembranzas da Terra de Guillarei, e a continuación estarán en concerto Os Melidaos que este ano foron galardoados do Premio Martín Codas na categoría de Música tradicional.

O sábado abrirá a programación prevista a Banda de Gaitas Templarios del Oza de Toral de Merayo, do Bierzo, cun pasarrrúas e sesión vermú. Ás 19.30 h está previsto un pasarrúas da Agrupación de Bombos Amigos do Bombinho de Fontoura de Portugal.

Na Capela do Carmen, ás 20.30 h ofrecerá un concerto o dúo Pärbo formado por Begoña Riobó e Anxo Pintos. 

Ás 21.30 h haberá un pasarrúas da Agrupación de Bombos Amigos do Bombinho de Fontoura de Portugal con posterior concerto desta agrupación, da Banda de Gaitas Templarios del Oza e da Banda de Gaitas A Insua de Caldelas.

Pechará o IV Rocha Folk o grupo Tanto nos Ten.

Deste xeito concluíran dúas xornadas nas que a música será a gran protagonista na ribeira da Caldelas, pero tamén no Hotel Balneario e na Capela do Carme.