Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Reunión cos afectados de Paramos e Guillarei este xoves ás 20.30 h

19/08/2019

Asistirán o alcalde e técnicos municipais. Foron convidados os voceiros dos grupos políticos

Este xoves, 22 de agosto, ás 20.30 h no Centro Cultural de Paramos o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, vaise reunir cos membros da Asociación de Afectados de Paramos e Guillarei.

Na reunión estarán tamén presentes os técnicos da oficina de atención aos afectados e foron convidados tamén os voceiros dos grupos políticos presentes na corporación municipal.

Os temas a tratar serán o estado actual da tramitación do expediente do Plan DepoRemse da Deputación de Pontevedra, a Ordenanza de Axudas aos Afectados, o estado de tramitación dos expedientes de licenzas solicitados, para rematar cunha quenda de rogos e preguntar por parte dos asistentes.