Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A reconversión do sector naval na Ría de Vigo chega este venres ao Teatro Municipal de Tui

8/10/2025

Ibuprofeno presenta “Reconversión” un espectáculo de gran formato con oito actores-músicos en escena ás 21 h

O Teatro Municipal de Tui acolle este venres, 10 de outubro, ás 21 h “Reconversión”, un espectáculo teatral e musical de Ibuprofeno Teatro.

Esta obra é un exercicio de memoria histórica sobre a reconversión no sector naval na Ría de Vigo. Trátase dun espectáculo de gran formato escrito e dirixido por Santiago Cortegoso, que forma parte tamén do elenco xunto a Artur Abad, Cristina Collazo, César Goldi, Celia González, Davide González, Fran Lareu e Nani Matos, actores-músicos que forman unha charanga que interpreta a banda sonora en directo.

Cortegoso céntrase na traxectoria vital seu pai do autor que traballou no estaleiro Ascón durante 30 anos. Reflicte así a toda unha xeración, que sufriu o paro polo peche da factoría en 1984, e viviu as mobilizacións históricas entre os anos 70 e 80.

“Reconversión” viaxa polo o auxe da industria siderúrxica, e a evolución até unha sociedade capitalista dende un estilo de vida rural.

As entradas están á venda en tui.gal aos prezos 12€ e 9 € até dez minutos antes do inicio da función.

Este é o terceiro espectáculo da programación de outono no Teatro Municipal.

Entradas