Recepción do Concello de Tui ao equipo alevín do Tyde F.C. que viaxará a Versmold
Mañá, xoves 19 de xuño, ás 10.00 horas, no salón de plenos do Concello de Tui, terá lugar a recepción do equipo alevín do Tyde F.C., que viaxará á cidade alemana de Versmold, para participar no torneo internacional de fútbol, que se celebrará está fin de semana.
Na recepción estarán presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de deportes de Tui, Rafael Estévez, e outros concelleiros e concelleiras de Tui, acompañados polas persoas integrantes da expedición tudense, o presidente do club, David Domínguez, o responsable da área social do club, Alejandro Pardo, polos adestradores do equipo, Sergio Aballe e Juan Paramos, e polos xogadores Nicolás Abal, Brais Besada, Roi Estévez, Adrián Freiría, Dilan Jesús Gallardo, Roi López, Iker Míguez, Martín Muíños, Nelson José Zambrano, María Pumar, Iván Urgal, Francisco Gutierrez e Jason Bautista.