Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentación do torneo de fútbol 11 “Galician Rising Stars Cup”

4/06/2024

Mañá mércores, 5 de xuño, ás 12.00 horas, no Campo Municipal de Fútbol “Álvarez Durán” de Tui, terá lugar a presentación oficial do “Galician Rising Stars Cup”, torneo de fútbol 11 organizado polo Club Rising Star, coa colaboración do Concello de Tui e o Tyde F.C.. O Galician Rising Stars Cup celebrarase esta fin de semana reunindo a máis de 700 futbolistas das categorías cadete e infantil, tanto de Galicia como de Portugal.

A presentación contará coa presenza do alcalde do Concello de Tui, Enrique Cabaleiro, do concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, do responsable do club organizador, José Luís Núñez, do presidente do Tyde F.C., David Domínguez.