Presentación do programa de actos conmemorativo do 25 aniversario da inauguración do monumento á Memoria dos represaliados
7/06/2024
O próximo luns, 10 de xuño, ás 11 h, na casa do concello de Tui presentarase o programa de actos conmemorativo do 25 aniversario da inauguración do monumento á Memoria dos represaliados, obra de Silverio Rivas, situado na Alameda de San Domingos. Están organizados pola Comisión de pola Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño, O Condado e A Louriña, e o Concello de Tui.
Participarán na presentación o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a presidenta da Comisión de pola Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño, O Condado e A Louriña, Helena Pousa, e a comisaria da exposición que se vai realizar, Cuqui Piñeiro.