Presentación do II Amura Galician Rising Stars Cup
28/05/2025
Mañá xoves, 29 de maio, ás 12.00 horas, no Campo Municipal de Fútbol Álvarez Durán de Tui, terá lugar a presentación do II Amura Galician Rising Stars Cup, torneo de fútbol 11 organizado polo club Galicia Rising Stars, en colaboración co Concello de Tui, o Tyde F.C., a Deputación de Pontevedra e Turismo de Galicia. Este torneo celebrarase este sábado 31 de maio e o domingo 1 de xuño.
Estarán presentes o alcalde do Concello de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, o presidente do Tyde F.C., David Domínguez, o CEO de Amura, Carlos Calo e o presidente do club organizador, Miguel Dosantos.