Presentación da XLII Regata Miño Internacional
11/01/2023
A competición de remo disputarase o próximo sábado 14 de xaneiro nas augas do río Miño
Mañá xoves, 12 de xaneiro, ás 11.30 h, no salón de plenos da casa do concello de Tui, terá lugar a presentación da XLII Regata Miño Internacional, que se celebrará no río Miño, este sábado 14 de xaneiro, organizado polo Club Remo do Miño, en colaboración co Concello de Tui, co Deporte Galego da Xunta de Galicia, coa Deputación de Pontevedra e coa Federación Galega de Remo.
Participarán na presentación o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, o director técnico da Federación Galega de Remo, Juan Zunzunegui, o presidente do Club Remo do Miño, Manuel Ángel González, así como o vicepresidente do club, Luís Moroño, acompañados por concelleiros da corporación municipal.