Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentación da Final a 4 de 2ª Autonómica Masculina e Feminina de Balonmán

5/05/2025

Mañá martes, 6 de maio, ás 11.30 h, na sala de concelleiros da casa do concello de Tui, terá lugar a presentación da Final a 4 de 2ª Autonómica Masculina e Feminina de balonmán, que se disputará esta fin de semana, o sábado 10 e o domingo 11 de maio, no pavillón deportivo municipal Gustavo Rodríguez de Tui. Está organizada pola Federación Galega de Balonmán, en colaboración co Concello de Tui e o Club Balonmán Tui.

Estarán presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, o presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López e o presidente do Club Balonmán Tui, Pablo Rodríguez.