Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Panadaría presenta mañá ás 21.30h no Teatro Municipal de Tui” Elisa e Marcela”

2/11/2017

A obra chega a Tui precedida do éxito colleitado na Coruña,Vigo e Santiago

Logo do éxito colleitado na Coruña, Vigo e Santiago mañá venres chega a Tui "Elisa e Marcela", a última montaxe de A Panadaría. 

Baixo a dirección de Gena Bahamonde as actrices Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman dan vida a Elisa e Marcela o primeiro matrimonio homosexual en Galicia. Casaron o 8 de xuño de 1901 e para logralo Elisa tivo que se transformar en Mario. A súa é unha historia de transgresión, de desafío ás regras do binomio de xénero, de defensa dos seus dereitos…

“Elisa e Marcela” é o terceiro espectáculo de A Panadaría, unha compañía creada en 2013 por Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman. O seu primeiro espectáculo foi “Pan! Pan!” ao que seguiu “Panamericana”, e a comezos do pasado mes de outubro estrearon esta nova obra, dentro da súa aposta por un teatro de creación propia,

Entradas á venda, ao prezo de 6€ - 4,5€., ata mañá venres ás 15h enwww.culturatui.info ou o venres dende ás 19.30h no despacho de billetes.

A Panadaría con “Elisa e Marcela

  • Lugar: Teatro Municipal de Tui
  • Data: Venres, 3 de novembro, ás 21.30h
  • Entradas: á venda, ao prezo de 6€ - 4,5€., ata mañá venres ás 15h enwww.culturatui.info ou o venres dende ás 19.30h no despacho de billetes.