Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Oficina Municipal de Turismo recibiu 2.623 consultas durante o pasado mes de maio

8/06/2010

A Oficina Municipal de Turismo recibiu 2.623 consultas durante o pasado mes de maio

 

Alemaña foi unha fonte importante tanto de turistas coma de peregrinos en maio

 

Abre de luns a venres de xeito ininterrompido de 10 a 20, e as fin de semana de 10.30 a 14.30 e de 15.30 a 19.30h

 

Luns, 7 de xuño de 2010. Un total de 2.623 pasaron durante o pasado mes de maio pola Oficina Municipal de Turismo, situada no Paseo da Corredoira. A meirande parte dos turistas que se achegaron a este servizo municipal eran nacionais, un total de 1.868, e os 755 restantes eran estranxeiros. O día en que máis consultas se realizaron na oficina de turismo, 208, foi o luns 17, que coincidiu coa Día das Letras Galegas.

 

Entre os turistas nacionais que se achegaron por este espazo de información están a cabeza os galegos con 372 consultas, seguidos dos madrileños con 291, e dos andaluces con 287. Houbo amais 250 consultas de castelá-leoneses, e 196 de valencianos. As comunidades autónomas de onde menos consultas se recibiron na oficina de turismo foron Navarra e Murcia.

 

En canto ao turismo estranxeiro os alemáns están á cabeza no número de consultas na oficina de turismo con 206, seguidos dos portugueses con 142, os ingleses con 83, e os italianos con 64. En total visitáronnos turistas de 33 nacionalidades distintas procedentes tanto doutros países europeos coma de Venezuela, Uruguai, Sudáfrica, Rusia, Nova Zelanda, Xapón, Corea, EEUU ou Australia.

 

A Oficina Municipal de Turismo rexistrou amais durante o mes de maio un total de 147 consultas de peregrinos nacionais, a meirande parte madrileños, e 224 de peregrinos estranxeiros, principalmente alemáns.

 

Por outra parte este servizo elaborou tamén un informe sobre o número de pernoctacións ao longo dos 31 días do mes de maio. Á cabeza no nivel de ocupación estivo o Hotel Colón, seguido do Albergue El Camino, do Parador de Turismo e do Hotel Alonso I. Amais houbo dúas persoas que pernoctaron na cidade en Autocaravana.

 

O Concelleiro de Turismo,