Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Oficina Municipal de Turismo de Tui atendeu 151 peregrinos de 14 nacionalidade e 15 provincias na fin de semana

13/08/2024

Esta segunda fin de semana do mes de agosto estivo significada pola notable presenza de peregrinos polas rúas do conxunto histórico tudense, servindo como referencia desta afluencia os datos que proporciona a Oficina Municipal de Turismo de Tui. Así este punto de información turística atendeu o venres 9, sábado 10 e domingo 11, a un total de 151 peregrinos de catorce nacionalidades distintas e de 15 provincias españolas.

Do total de 151 peregrinos 110 eran nacionais e 41 internacionais.

Así houbo peregrinos chegados de Alemaña, Australia, Italia, Xapón, Arxentina, Brasil, Portugal, Francia, Taiwan, Colombia, Reino Unido, Canadá e Ecuador.

Mentres entre Almería, Granada, Madrid, Málaga, Pontevedra, Sevilla, Valencia, A Coruña, Alacante, Barcelona, Toledo, Albacete, Granada, As Palmas e Soria, foron as provincias dende as que chegaron os peregrinos e peregrinas nacionais que pasaron na fin de semana pola Oficina de Turismo.

A concelleira de Turismo, Ana María Núñez Álvarez, indica que estes datos expresan a consolidación de Tui como lugar de referencia das diversas rutas xacobeas portuguesas pois no que vai de mes de agosto a nosa cidade continua a ser o lugar elixido polos peregrinos para iniciar o Camiño Portugués, con 2.798 peregrinos dos 5.127 peregrinos que levan realizado este ruta portuguesa no que vai do mes de agosto.

Ana María Núñez lembra que a Oficina Municipal de Turismo tudense,  localizada no céntrico Paseo da Corredoira, abre diariamente, de luns a domingo, cun horario de apertura ao público de 9.30 a 13.30 horas e de 16.00 a 19.00 horas, ao servizo de visitantes e peregrinos.