Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O xurado elixiu aos dez finalistas do Concurso de Escaparates de Nadal

28/12/2023

Ábrese agora a votación a través da aplicación Easy Promos até o 6 de xaneiro

O xurado do I Concurso de Escaparates de Tui elixiu xa aos dez finalistas. Agora ábrese a votación a través da aplicación Easy Promos até o 6 de xaneiro. Os tres establecemntos que obteñan máis votos recibirán 10, 6 e 2 puntos, respectivamente. Os finalistas son:

  • Matilde y Rosana S.L. (Abalorios Myr)  
  • Cucapuntoes  
  • Floristería La Flor  
  • Naldo Costas  
  • Horta Verde  
  • Ideas   
  • Pinturas Damián Domínguez  
  • Cucadas   
  • Döce Ópticos  
  • Joy Baby

O xurado está formado por Arminda Espiño, deseñadora; Miguel Pereira, técnico de iluminación; Sara Quintana, guía turística; Hilenia Iglesias, escaparatista; Lucía Beatriz Silva, deseñadora; Verónica Gómez, organizadora de eventos e Natalia Lago, educadora ambiental

O 9 de xaneiro darase a coñecer aos tres gañadores que recibirán 300 €, 200€ e 100€ euros de premio.

Amais entre todas as persoas que participen na votación sortearanse  seis vales de compra por importe de 50€ para consumir nos comercios participantes.

Lembra que este Nadal “O que queres para a túa mesa de Nadal está en Tui” e “Os agasallos que queres están en Tui”.

 

Votación en Easy Promos