Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Parlamento de Galicia celebra en Tui as xornadas "Convivencias raianas"

10/12/2007

O PARLAMENTO DE GALICIA CELEBRA EN TUI AS XORNADAS “CONVIVENCIAS RIAIANAS” QUE REMATARÁN O MÉRCORES 12 DE DECEMBRO CUN ACTO NO TEATRO MUNICIPAL·                                  ·                                 Os actos de Tui comezarán o sábado no Paseo da Corredoira baixo o título “Convivencias Raianas” e rematarán nun acto central o mércores, día 12, ás 20,00 h., no Teatro Municipal do Edificio da Área Panorámica coa actuación musical do grupo “De outra margem”

·                                 A Cámara autonómica abrirá unha “vía de convivencia entre o Parlamento e a cidadanía”

O Parlamento de Galiza celebra esta fin de semana en Tui os actos “Convivir Convivencias Raianas”, que comezarán este sábado cunha exposición interactiva de fotografía e textos literarios ao aire libre no Paseo da Corredoira, na que os cidadáns poidan escribir a súa idea de convivencia e facerse fotos que serán colgadas na páxina web do Parlamento.

Os actos rematarán o mércores coa visita institucional da presidenta do Parlamento, Dolores Villarino Santiago, e os membros da Mesa, ao concello de Tui, para participar acontinuación nun acto central no Teatro Municipal do Edificio da Área Panorámica, que terá lugar o mércores, 12 de decembro, coa actuación musical do grupo galego-portugués "De outra margem".A Cámara autonómica continúa así co programa "C². Convivir. Convivencias", destinado a abrir unha "vía de convivencia entre o Parlamento e a cidadanía" e que está a ser presentado nas sete capitais do antigo reino de Galiza. A exposición foi presentada na vila de Betanzos e a partir desta fin de semana se expoñerá en Tui, para visitar a continuación Mondoñedo, A Coruña, Lugo, Ourense e Santiago.Tui foi escollida como exemplo dunha convivencia positiva entre distintas culturas que se enriquecen e aproximan, onde o achegamento da fronteira converte ao estranxeiro en veciño, e se converte nun punto de encontro máis que unha raia de separación.A Cámara autonómica continúa a traxectoria iniciada nos actos de celebración do seus 25 anos visitando as principais cidades e vilas galegas como fábrica de valores. O Parlamento de Galiza promulgará actitudes coma o respecto, o diálogo, a coherencia, a capacidade de transformar o entorno, a empatía e todas aquelas "que nos leven a unha convivencia positiva".

Paseo da Corredoira

O acto comezará o sábado no Paseo da Corredoira, onde será instalada unha exposición de seis imaxes da fotógrafa galega de 30 anos Andrea Costas, acompañadas de seis textos de Rosa Aneiros, Alexandre García-Caballero, Covadonga Carrasco, Emma Pedreira, Modesto Fraga e Xosé Díaz Díaz.Xunto con esta exposición serán instalados varios paneis brancos onde os veciños poderán deixar escrita a súa idea sobre a convivencia nunha grande "folla en branco da convivencia sosegada", así como dous grandes paneis que funcionarán como estudo fotográfico ao aire libre. Os textos e as imaxes serán colgados no portal web da cámara autonómica www.parlamentodeGaliza.es.O Parlamento creará un espazo para que o visitante poida aportar a súa idea de convivencia, escribindo nos paneis o significado que para el ten este termo e fotografándose con aqueles cos que convive no espazo reservado para este fin.

Acto central

Os paneis estarán situados ata o acto central que terá lugar o mércores, 12 de decembro, ás 20,00 h. Nesta data terá lugar a visita institucional da presidenta do Parlamento de Galiza, Dolores Villarino Santiago, e da Mesa da Cámara ao Concello de Tui, onde serán recibidos polo alcalde, Antonio Fernández Rocha, e os portavoces dos grupos municipais.Xa pola tarde comezará o acto no Teatro Municipal do Edificio da Área Panorámica, onde terá lugar a actuación do grupo "De outra margem", formado por galegos e portugueses, que convidarán a outros artistas a actuar no mesmo escenario, como son Marilú Campos -percusión-, Eva González -percusión-, Raquel Domínguez Senlle -gaita e frauta-, e Pancho Álvarez -violín e bouzuqui-. Durante o acto serán presentadas imaxes de Tui extraídas do arquivo do CGAI, e intervirán a presidenta da Cámara autonómica e o alcalde da vila.