Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O obradoiro “Tecendo feminismo” abre este sábado a programación do 8M en Tui

29/02/2024

Terá lugar este sábado a partir das 10.30 h na edificio da praza da Inmaculada

Tui abre a programación conmemorativa do 8M, Día Internacional da Muller, este sábado, 2 de marzo, a partir das 10.30 h no edificio da praza da Inmaculada co obradoiro “Tecendo feminismo”.

 Nesta actividade elaborarase un lazo morado, símbolo da loita feminista, en crochet da man  de MYR Lanas e coa colaboración de Katia Lanas. Non é preciso inscrición previa e poderán participar todas as persoas que o desexen até completar o aforo.

O Concello de Tui dará a coñecer nos próximo días a programación completa do 8M.