O luns preséntase o programa do MUMI, III Encontro Profesional de Música Galiza-Portugal
16/09/2022
O próximo luns, 19 de setembro, ás 11:30 horas, presentarase a programación oficial do MUMI 2022 - III Encontro Profesional de Música de Galicia e Portugal. O acto terá lugar na Pousada de San Teotonio na Fortaleza Municipal de Valença, e contará coa participación de:
- Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui.
- Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura de Tui.
- Jose Manuel Carpinteira, presidente da Cámara Municipal de Valença.
- João Silva, Direcção Cultura do Norte.
- Ana Laura Iglesias, Turismo e Xuventude da Deputación de Pontevedra.
- Diana Ferreira Martins, MUMI - Portugal.
- Manuel Roxo, MUMI - Galiza.
No acto presentaranse os detalles do programa que durante catro días reunirá a empresas, artistas e profesionais ao redor das músicas feitas na Galiza e Portugal, cunha programación de faladoiros, showcases e e speedmeetings para público profesional, e tamén con actividades abertas á cidadanía, en localizacións emblemáticas de Tui e Valença.