O equipo de goberno reunirase coa veciñanza das parroquias para coñecer as súas necesidades
12/03/2025
Os dous primeiros encontros serán mañá xoves en Malvas e o venres en Areas
Ao longo das próximas semanas o equipo de goberno de Tui vai manter xuntanzas coa veciñanza de todas as parroquias para coñecer de primeira man as necesidades de cada unha delas e escoitar as preguntas e rogos que poidan formular tanto ao alcalde coma aos membros do equipo de goberno.
A primeira reunión terá lugar mañá xoves, 13 de marzo, ás 20.30 h no local do Sindicato en Malvas. Este venres, 14 de marzo, ás 20.30 h será na casa cultural de Areas.
Nas próximas semanas continuarán as reunións en Rebordáns (17), Pazos de Reis, (18), Paramos (19), Pexegueiro (21), Caldelas (24), Baldráns (25), Ribadelouro (26), Randufe (28), e Guillarei (2 de abril).