Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concurso de Debuxo Infantil do Consorcio de Augas do Louro xa ten gañadores e finalistas

9/07/2024

Os traballos premiados ilustraran o calendario de 2025 desta entidade

Eduardo Ríos González do Colexio Maristas Santa María en Tui, Ana Méndez Saa do CEIP Atín Cela en Mos, Carmen Ledo Carrera do CEIP Antonio Palacios en O Porriño e Zoe Gil Oya do CEP Altamira de Salceda de Caselas  foron os catro gañadores do Concurso de Debuxo Infantil convocado polo Consorcio de Augas do Louro.

Recibiron os seus premios, unha tablet, da man do presidente do Consorcio e alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo; do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, da alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira; e do director de Augas de Galicia, Roi Fernández Añon nun acto celebrado nas instalacións da EDAR de Guillarei.

 No acto os responsables municipais agradeceron ao alumnado a súa participación neste concurso e o seu compromiso coa auga, o medio ambiente e o coidado do planeta como demostraron coa súa participación neste certame convocado baixo o título “Misión sostible: acción salvar o planeta”.

Ademais do ou da gañadora por cada municipio houbo tamén dous finalistas que recibiron coma premio un reloxo dixital.  Os finalistas foron Cristina Jorge Tyurikova do Colexio Maristas Santa María e Alejandra Vidal Rodríguez do CEIP Plurilingüe Nº2 de Tui; Inés Rodríguez Fariña e Hugo Rodríguez González do CEIP Mestre Martínez Alonso en Mos, Antía Cid Fernández do CEIP Xosé Fernández López e Meriam Ziloul Melloaki do CEIP da Ribeira en O Porriño, Icíar Marínez Coto e Daniela Martínez Alonso do CEP Altamira en Salceda de Caselas.

Un total de 300 debuxos de 19 colexios dos catro concellos que integran o Consorcio, Tui, O Porriño, Salceda de Caselas e Mos, se presentaron a esta edición do concurso reflectindo nos seus traballos a acción salvar o planeta e acadar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, ODS.

Os debuxos gañadores e finalistas poden verse na páxina web do Consorcio consorciodolouro.es, e protagonizarán o calendario que a entidade edite para o 2025, ilustrando cada un deles cada un dos meses do ano.