Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello retira unha marquesina que ameazaba a seguridade vial

27/09/2011

O Concello de Tui ten retirado nesta mañá un voladizo ou marqueisna existente na rúa Coruña da nosa cidade que debido ao seu estado ruinoso non só afeaba esta céntrica rúa tudense senón que ameazaba gravemente a seguridade tanto de peóns como vehículos que transitan por este punto. Unha brigada de operarios municipais procedeu esta mañá á retirada desta peza metálica.

Para o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, esta intervención dos servizos muncipais forma parte dos traballos de limpeza que ven intensificando o goberno municipal tudense dende a súa toma de posesión e reflicte o seu compromiso por acadar, contando especialmente coa colaboración dos veciños, unha mellora da calidade de vida da nosa cidade, mellorando o seu ornato.