Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui acomete obras no CEIP de Caldelas para dotalo dunha nova aula

1/08/2024

Responde así á necesidade de novos espazos ante o incremento de alumnado rexistrado  

O Concello de Tui levou a cabo obras no CEIP de Caldelas coas que da resposta ás necesidades do centro educativo ante o incremento de alumnado rexistrado nos últimos cursos.   

En concreto a actuación consistiu na unión dun trasteiro e un aseo en desuso para crear unha aula diáfana. Para iso foi preciso o picado e demolición de paredes, a anulación e retirada de tubaxes innecesarias, a colocación de falsos teitos e pladur e o pintado de todas as superficies, e tarima vinílica. Para mellorar a iluminación instaláronse 5 paneis LED e conexión wifi. Estas melloras non só aumentan a funcionalidade do espazo, senón que tamén crean un ambiente máis moderno e agradable para o alumnado e o persoal docente.

Estas obras foron realizadas polo Concello de Tui, con fondos propios, nunha clara aposta pola educación pública. A concelleira de Ensino, Sonsoles Vicente, destaca que "cada verán realizamos obras de mantemento e mellora nos centros educativos para asegurar que os escolares teñan as mellores condicións posibles ao inicio do novo curso". Estes labores de mantemento estanse a realizar tamén nos outros centros educativos públicos do municipio.

A concelleira de Ensino, Sonsoles Vicente, sinala como a posta en marcha do comedor escolar, contar cun claustro proactivo e cunha ANPA implicada, xunto as propias instalacións do centro e a súa estratéxica ubicación propiciaron este incremento rexistrado no alumnado.