Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Club Kayak Tudense Novo Campión Galego de Inverno

27/02/2012

Iván Alonso revalidou o seu título no K1 Senior

 

O Club Kayak Tudense converteuse este fin de semana en Campión Galego de Inverno por equipos na proba disputada en Verducido.

 

Na categoría K1 Senior Masculina, Iván Alonso acadou o primeiro posto, seguido dos seus compañeiros Diego Piña e Víctor Rodríguez, aínda que este último foi relegado á posición 19 polos xuíces

 

Tamén na categoría K1 Senior Feminina obtiveron bos resultados as integrantes do Kayak Tudense, dado que Ana Varela e Carla Pérez acadaron o segundo e terceiro posto.

 

Dende o Concello de Tui quérese felicitar ao Club Kayak Tudense pola consecución deste Campionato, así como aos seus padeeiros polo bo comezo de tempada.