Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Alcalde visitou o pasado sábado a residencia “San Telmo” felicitando ás catro residentes centenarias

18/06/2012

O Alcalde de Tui acompañado da concelleira de servizos sociais e doutros concelleiros efectuou o pasado sábado unha visita á Residencia “San Telmo” que rexentan as “Hermanitas dos Ancianos Desamparados” onde participou nun acto festivo para agasallar ás catro anciáns residentes naquel centro e que superan os cen anos de vida.

 

Son catro mulleres que viven na residencia San Telmo, nadas unha no ano 1907, outras dúas en 1910 e unha terceira en 1912, todas de diferentes concellos da provincia de Pontevedra: unha de Pontevedra, unha de Tomiño unha de Tui e unha de Mondaríz.

 

O Alcalde tudense transmitiu a felicitación a estas mulleres centenarias participando na festa celebrada na Residencia e entregándolles un agasallo en nome do concello tudense.