Nancho Novo no Teatro Municipal de Tui o venres e o sábado
Nancho Novo en Tui o venres e o sábado
Actuará no Teatro Municipal con “Sobre flores y cerdos...”
O Teatro Municipal de Tui acolle esta fin de semana dobre función do espectáculo “Sobre flores y cerdos. Más Nancho que Largo” do actor galego Nancho Novo.
Trátase dunha obra nada convencional na que Nancho Novo reflexiona sobre o nacemento do amor. Este showman fará disfrutar ao público cun espectáculo directo, divertido e insólito, no que a música ten tamén o seu protagonismo.
Nesta obra Nancho Novo é o autor, director e protagonista, estando acompañado no escenario polo músico, e tamén actor, Pablo Castillo. Co seu particular estilo este polifacético galego emprega fragmentos musicais como fío condutor, para crear un espectáculo que afonda no amor, buscando a gargallada no público, pero reflexionando sobre o mundo da parella e os tópicos de xénero.
As súas costas Nancho Novo ten un extenso currículo de representacións teatrais e cinematográficas, as que suma tamén a súa faceta coma autor teatral e director. Pero é tamén músico e dende hai dez ano ten o grupo “Castigados sin postre”.
A cita será o venres ás 21.30h e o sábado ás 20.30h. A entradas teñen un prezo de 9€, 7€ con desconto para os posuidores do carné xove, carné máis, de estudante, xubilado, desempregado ou familia numerosa. Poranse á venda hora e media antes do comezo de cada función.
“Sobre flores y cerdos. Más Nacho que largo”
Data:
Venres 17 de outubro ás 21.30h
Sábado 18 de outubro ás 20.30h
Lugar: Teatro Municipal de Tui, rúa Colón nº2 de Tui
Venda de Entradas: dende hora e media antes do comezo da función.
Prezos: 9€ - 7€ con desconto – 5€ menores de 14 anos