Mañá xoves preséntase o Trofeo de Baile Deportivo Concello de Tui
2/10/2024
Mañá xoves, 3 de outubro, ás 11.00 h, no salón de plenos do Concello de Tui, terá lugar a presentación do Trofeo Concello de Tui de Baile Deportivo, proba que forma parte do Circuíto Ibérico de Baile Deportivo, organizada pola Escola de Baile Pasos Galicia, en colaboración co Concello de Tui e as Federacións Española e Galega de Baile Deportivo. Celebrarase este sábado 5 e domingo 6 de outubro, no Pavillón Deportivo Municipal Gustavo Rodríguez de Tui.
Na presentación participarán o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, e o presidente da Escola de Baile Pasos Galicia e director do trofeo, Miguel Abreu.