Mañá xoves acéndese a iluminación da Nadal con máis de 450 mil lámpadas led
7/12/2022
O acto simbólico de acendido terá lugar na carpa situada no Paseo da Corredoira ás 18.30 h contando coa actuación da Rondalla O Mosteiro de Pexegueiro
Mañá xoves, ás 18.30 h, na carpa instalada no Paseo da Corredoira terá lugar o acto simbólico de acendido da iluminación da Nadal do Concello de Tui. No mesmo contarase amais coa actuación da Rondalla O Mosteiro de Pexegueiro.
Nas distintas rúas e prazas foron instalados 123 arcos, 213 elementos de iluminación, cun total de 3.285, 56 metros cadrados de iluminación, realizados con 452.318 lámpadas led.
A iluminación de Nadal súmase á decoración de Nadal que está colocada en distintas rúas e prazas da cidade, e ao Mercado de Nadal que se realiza no Paseo da Corredoira dentro da programación “Tui, o Camiño do Nadal”.