Mañá preséntase o XI Trofeo de Baile Deportivo Eurocidade
28/10/2025
Mañá mércores 29 de outubro, ás 12.00 h, no edificio multiusos da rúa Camilo José Cela, terá lugar a presentación do XI Trofeo de Baile Deportivo Eurocidade, proba que forma parte do Circuíto Ibérico de Baile Deportivo, organizada pola Escola de Baile Pasos Galicia, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e as Federacións Española, Galega e Portuguesa de Baile Deportivo. Celebrarase este sábado 1 e domingo 2 de novembro, no Pavillón Deportivo Municipal Gustavo Rodríguez de Tui.
Na presentación participarán o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, e o presidente da Escola de Baile Pasos Galicia e director do trofeo, Miguel Abreu.





