Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá martes primeira proxección do ciclo de cine alemán de entreguerras coa película “O anxo azul” e visita á exposición de fotografías da UFA

8/11/2010

Mañá martes primeira proxección do ciclo de cine alemán de entreguerras coa película “O anxo azul” e visita á exposición de fotografías da UFA

Luns, 8 de novembro de 2010. Mañá martes, 9 de novembro, comezarán as proxeccións do ciclo de cine alemán co filme “O Anxo Azul” e unha visita a exposición “Fotografias da UFA. Cine alemán de entreguerras” que podemos contemplar na zona Anexa da Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui. Estas actividades chegan á cidade grazas á colaboración establecida entre a Concellería de Cultura tudense e a Fundación Vicente Risco e co patrocinio do Goethe Institut – Instituto Alemán de Cultura e comezarán ás 19,30 horas cos visita a mostra fotográfica e de seguido a proxección do filme.

“O Anxo azul” (“Der blaue Engel” – Alemaña – 1930)

  • Duración: 108 minutos
  • Director: Josef von Sternberg
  • Guión: Karl Zuckmayer. Karl Vollmuller, Robert Liebmann (segundo a novela de Heinrich Mann)
  • Música con cancións: Frederick Hollander, Robert Liebmann, Richard Rillo.
  • Fotografía: Günter Rittau e Hans Schneeberger (branco e negro)
  • Reparto: Marlene Dietrich, Emil Jannings, Kurt Gerron, Rosa Valetti, Hans Albers, Eduard von Winterstein
  • Xénero: Drama
  • Sinopse: Lola, “O Anxo Azul”, é aparentemente unha rapaza alemá fermosa, un pouco tímida e sen misterio. Porén, o seu encontro co profesor  Rath, un solteiro de 50 anos, terá inesperadas consecuencias. Este é o primeiro gran filme de Marlene Dietrich, arrebatadora e sedutora. A obra é unha crónica dunha Alemaña escura.
  •  

A película proxectarase en versión orixinal con subtitulos en galego no Telecentro de Tui a partir das 19,30 horas.

Nos vindeiros días continuarán estas proxeccións cos seguintes filmes:

  • Xoves 11 de novembro: “Berlín sinfonia dunha grande cidade” (1927)
  • Sábado 13 de novembro: “Emilio e os detectives” (1931)

Exposición “Fotografias da UFA”
A exposición amosa o traballo desenvolvido polos artistas, técnicos e creadores alemáns nos míticos estudios de cine de Berlín. Aunando creatividade con innovacións tecnolóxicas do cine da época os artistas da UFA produciron unha serie de títulos clásicos que marcaron o rumbo da historia do cine en Europa e en Estados Unidos. A exhibición amosa unha escolma de fotografías das rodaxes de películas como “Metropolis”, “El angel azul”, “Los nibelungos” e outras así como os bocexos dos grandes director de arte daquela época.
A UFA é unha gran compañía cinematográfica alemán fundada no ano 1917 con forte apoio gobernamental, tras a derrota de 1918 a compañía privatízase comezando unha aposta polas grandes producións. A UFA salienta polo protagonismo que tivo no cine expresionista xermano de “entreguerras”, unha auténtica idade dourada, que tivo como principais expoñentes a Fritz Lang, F.W. Munau e G. W. Pabst.

A mostra recolle 48 fotografías que amais da súa alta calidade, ofrecen unha interesante visión da sétima arte na Alemaña de entreguerras.

A mostra e as películas son unha iniciativa da Fundación Vicente Risco en colaboración co Instituto Goethe, Xunta de Galicia, Centro Galego de Arte Contemporánea, Festival de Cine de Ourense e Cineclube Padre Feijoo xunto coa Concellería de Cultura do Concello de Tui.