Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Hoxe lúns presentación do libro "Valença e Tui. Relaçoes através do tempos"

7/04/2008

O VINDEIRO LÚNS PRESENTASE EN TUI O LIBRO DE M.A. PINTO NEVES: “VALENÇA E TUI. RELAÇÕES ATRAVÉS DO TEMPOS”

A Concelleria de Cultura do Concello de Tui organiza o vindeiro lúns, 7 de abril, a presentación do libro, recentemente editado, de Manuel Augusto Antunes Pinto Neves: “Valença e Tui. Relações a través do tempos”. Esta presentación terá lugar na Sala de Actos do Museo Municipal, no antigo convento de San Domingos, ás 20,00 horas do serán.

Este libro foi recentemente presentado polo autor en Valença do Minho e a concellería tudense estimou que pola súa temática resultaba imprescindible realizar unha presentación do mesmo na cidade de Tui, deste xeito se contruibuirá eficazmente a profundizar na cooperación e mutuo coñecemento entre ambas localidades fronteirizas vencelladas polos lazos da historia e da irmandade.

No acto de presentación participará o Dr. Jorge Santos Silva, valenciano dende hai máis de 40 anos e licenciado en Relaçoes Públicas pola Universidade Fernando Pessoa de Porto, desenvolveu a súa traxectoria profesional vencellado á aduana de Valença, participa activamente no tecido asociativo valenciano e foi vereador da Câmara Municipal e membro da Assembleia Muncipal de Valença. Igualmente falará nesta presentación o compositor tudense, Rudesindo Soutelo, profundo coñecedor da cultura portuguesa e vencellando estreitamente a numerosas actividades de caracter cultural en Portugal. Rudesindo Soutelo (Baldráns-Tui, 1952) é un dos principais impulsores da música culta en Galicia, tanto pola súa produción como a través da editorial “Arte Tripharia”, fundada por él mesmo, que na súa colección “Corpus Musicum Gallaeciae” ven editadando toda música culta galega dende os troveiros medievais aos nosos días. Igualmente ten participado en diversos grupos e colectivos musicais.

O autor, Manuel Augusto Pinto Neves ten realizado diversas publicacións sobre a historia e a vida colectiva de Valença do Minho, abordando agora nesta nova publicación o estudio ao través ha historia dos vencellos entre ambas cidades miñotas.

Para o responsable da concelleria de cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez, esta presentación do libro “Valença e Tui. Relações através dos tempos” é unha magnífica oportunidade para achegarse á vida cultural da nosa cidade irmá de Valença e afondar no mutuo coñecemento, tan preciso para o desenvolvemento de ambas localidades.