Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Hoxe inauguración da Exposición de Fotografias “Olladas Persoais” de Jose Luis Luque Puertolas

2/12/2011

Hoxe venres 2 de decembro, ás 20.30h, terá lugar na Sala Municipal de Exposicións a inauguración da exposición fotográfica “Olladas persoais” de José Luís Luque Puértolas. Esta mostra está organizada pola Concelleria de Cultura do Concello de Tui.

José Luís Luque Puértolas fotógrafo de formación autodidacta, nacido en Figueres (Xirona) e na actualidade veciño de Tui. Dende idade temperá iníciase na fotografía analóxica onde aprende a “saber mirar” Desde hai uns anos penétrase na era dixital tomando parte en concursos de forma regular.

Esta é a súa primeira exposición móstranos algúns dos seus máis representativos traballos, fuxindo dunha temática central, e inclinándose cara á creatividade á hora de realizar os procesados, converténdose nun alquimista de efectos, creando atmosferas irreais, ou imaxes de alta definición, segundo requírano os mesmos.

Segundo o propio autor, as súas fotografías de alto rango dinámico son posteriormente traballadas con filtros por zonas, realzando ou difuminando o que conveña, logrando extraer da imaxe a chamada textura fractal oculta, creando así inusuais efectos de luz.

Investigando nos últimos anos distintas técnicas de procesado e aplicando aqueles medios que lle permiten crear o imaxinado, converte a fotografía nun dobre divertimento, o primeiro no instante de facer a toma, coidando a composición, control de luz, e demais premisas; e posteriormente no seu procesado elaborando o que será a imaxe resultante.

Para a concelleira de cultura tudense, Vanesa Rodríguez Pérez, esta exposición amplía o abano de actividades expositivas desta Sala Municipal agora con esta mostra de ofrece numerosas imaxes de Tui e os seus arredores pero dende unha nova perspectiva grazas a orixinalidade e creatividade do seu autor, José Luís Luque Puértolas, que acredita un gran dominio da técnica fotográfica nesta mostra que estará aberto ao público ao longo do mes de decembro.