Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Exposición de pintura de Juan Bellas, do 16 de abril ao 3 de maio na Sala Municipal de Exposicións

16/04/2008

 

EXPOSICIÓN DE PINTURA DE JUAN BELLAS DO 16 DE ABRIL AO 3 DE MAIO NA SALA MUNICIPAL DE EXPOSICIÓNS

A Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolle dende mañá, 16 de abril de 2008, ata o vindeiro día 3 de maio, unha exposición de pintura do artista Juan Bellas, na que recolle unha parte da su producción artística nos últimos vinte cinco anos, e contará cunha sección especial adicada a paisaxes tudenses. O acto de inauguración terá lugar ás 20,00 h.

Juan Bellas inicia a súa andaina pictórica no ano 1983 participando daquela na VII Bienal de Arte da Deputación Provincial de Pontevedra, tras unha longa viaxe por diversos lugares de Europa onde achégase as técnicas artisticas do exterior. Boa parte dos seus óleos e acuarelas reflicten a paisaxe das Rías Baixas, especialmente o Val Miñor pois na parroquia de Chain (Gondomar) ten ubicado o seu estudio.

Ten participado en numerosas exposición colectivas en España ou Francia, pero preferentemente realiza exposicións de carácter individual ao longo de toda a xeografía de Galicia. Agora achégase ata Tui, dende a veciña parroquia gondomareña de Chain para amosar as súas paisaxes.

Para o concelleiro de cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez, esta exposición ofrece aos tudenses a visión de diversos lugares e paisaxes da nosa cidade e concello dende a perspectiva da cor e da luz de Juan Bellas, onde resalta a beleza destas terras miñotas.

Juan Bellas forma parte da xeración nada ma posguerra, que por ser autodidacta, levao a emprender unha obra, nacida do esforzo personal e lonxe das receitas oficiais do seu tempo. A súa pintura, de querencia impresionista, non se queda na típica interpretación da paisaxe. O expresionismo da súa pincelada, xenerosa as máis das veces, e sobor de todo as cores quentes, aprendido do fauvismo, son outros alicerces do seus cadros. Juan Bellas recolle a tradición paisaxística e a renova apostando pola cor, pola expresión e a composición” (Xesús Andés López Piñeiro – crítico de arte).