Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este xoves, 31 de xullo, a corporación municipal de Tui celebra pleno ordinario

29/07/2025

Trece puntos figuran na orde do día do Pleno de carácter ordinario que este xoves, 31 dexullo, ás 20 h vai celebrar a corporación municipal de Tui.  

1. Aprobación de actas de sesións anteriores: ordinaria celebrada o 29.05.2025 e extraordinarias celebradas o 24.06.2025 e 01.07.2025. 

2. Expediente 3525/2025. Ditame sobre festivos locais para o ano 2026. 

3. Expediente 998/2025. Proposta de aprobación da Conta Xeral do Exercicio 2024 así como os Estados e Contas anuais anexos á mesma. 

4. Expediente 4008/2025. Ditame de modificación de créditos 23/2025 - Crédito extraordinario 4/2025. 

5. Expediente 4038/2025. Ditame de modificación de créditos 24/2025 - 3 Suplemento de Crédito. 

6. Expediente 1672/2024. Ditame para bonificación do 50% do ICIO correspondente ás obras de “CONSERVACIÓN E MANTEMENTO DE CUBERTA DA IGREXA DO CONVENTO DAS IRMÁNS CLARISAS DE TUI” do inmoble situado na RÚA MONXAS Nº 16. 

7. Expediente 1200/2025. Ditame para bonificación do 50% do ICIO correspondente ás obras de “CONSERVACIÓN E MANTEMENTO DE CUBERTA E FACHADA”, en inmoble situado na RÚA TIDE Nº 4. 

8. Expediente 2976/2025. Ditame para bonificación do 50% do ICIO correspondente ás obras de “CONSERVACIÓN E MANTEMENTO DE INMOBLE E LIMPEZA INTERIOR”, situado na RÚA CALZADA Nº 25. 

9. Expediente 3756/2025. Ditame para compatibilidade a Don Iago Marta Lago con DNI *5864, persoal laboral profesor de guitarra eléctrica, para desempeñar actividades privadas. 

10.Expediente 1118/2023. Ditame para delegación do Pleno na Xunta de Goberno Local das facultades coma órgano de contratación para modificar o contrato de subministro de enerxía eléctrica. 

11.Expediente 4015/2025. Ditame para modificación de usos do equipamento NÁUTICO. 

B) ACTIVIDADE DE CONTROL 

12.Dación de conta das resolucións ditadas por alcaldía e concelleiras/os delegados/as desde a núm. 2025-0826-de 26.05.2025 ata a núm. 2025-1071 do 28.07.2025. 

13.Dación de contas das subvencións e disposicións de interese da ADL dos meses de febreiro a xullo de 2025. 

C) ROGOS E PREGUNTAS Non hai asuntos