Este venres proxéctase “A viaxe de Ernest e Celestine” no Paseo Fluvial
O cinema volve este venres ao Paseo Fluvial que volverá converterse nunha gran sala de cinema ao aire libre coa proxección de “A viaxe de Ernest e Celestine”. Será ás 22.15 h con entrada de balde.
O filme, dirixido por Julien Cheng e Jean-Christophe Roger, ten unha duración de 80 minutos. Ernest e Celestine regresan ao país de Ernest para poder arranxar o seu violín estragado. Pero ao chegar descobren que alí a música está prohibida dende hai anos. Tentan poñer fin a esa inxustiza coa axuda dos seus cómplices, entre os que está un misterioso xusticeiro enmascarado, e devolver así a ledicia ao país dos osos.
A película estivo nominada aos ao Mellor Film de Animación no Premios César, e á Mellor Película Independente nos Premios Annie.
A próxima cita co cinema ao aire libre en Tui será o venres, 9 de agosto, ás 22. 15 h, tamén no Paseo Fluvial, coa proxección de “Salta!”.