Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este venres nova conferencia na Aula da Uned: “A importancia dos hábitos na práctica da actividade físico-deportiva para todos” a cargo de Águeda Gutiérrez Sánchez

4/05/2011

O VINDEIRO VENRES 6 DE MAIO NOVA CONFERENCIA NA AULA DA UNED DE TUI “A IMPORTANCIA DOS HÁBITOS NA PRÁCTICA DA ACTIVIDADE FISICO-DEPORTIVA PARA TODOS”

 

Mércores, 4 de maio de 2011. Este venres, 6 de maio, terá lugar ás 19,00 horas no salón de actos da Aula da UNED de Tui (antigo convento de San Domingos) unha nova  conferencia do seu ciclo dedicada nesta oportunidade ao tema “A importancia dos hábitos na práctica da actividade físico-deportiva para todos” a cargo de Águeda Gutiérrez Sánchez, profesora da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da Universidade de Vigo.

 

O interese pola práctica da actividade física é debido á transcendencia que adquire en diversos aspectos relacionados co desenvolvemento integral da persoa. É sabido que unha práctica constante e regular de actividade física aporta beneficios en todas as idades. Os obxectivos desta conferencia pódense centrar nos seguintes:

  • Entender a necesidade de instaurar e adoitar hábitos na actividade física e deportiva en todas as idades.
  • A problemática dunha poboación sedentaria no noso país e as súas consecuencias.
  • O aumento desmedido da obesidade na poboación española.
  • A limitada importancia que os pais danlle ás practicas físico-deportiva fronte a outras actividades extraescolares.
  • As idades máis apropiadas para instaurar os hábitos de actividade física, nunca é tarde

 

Este ciclo de conferencias tenta abordar aspectos da vida cotiá das persoas nas que todos precisamos adoitar novas ferramentas e novos conceptos para responder ás demandas do mundo actual.

 

O Concello de Tui que colabora activamente coa Aula Universitaria da UNED en Tui no desenvolvemento das súas actividades valora moi positivamente a realización deste ciclo de conferencias aberto ao público en xeral e que amosa o importante compromiso cidadá desta Aula ofertando unha actividade de difusión en materias de interese xeral.

 

As persoas interesadas en participar neste ciclo de conferencias e logo recibir unha certificación de asistencia poden solicitalo a través do seguinte enderezo de internet: http://www.extensionuned.es, buscando as actividade da Aula da UNED de Tui.



 

O calendario deste ciclo de conferencias é o seguinte:

 

Día

Ponente

Conferencia

21 enero

Julia Crespo Comesaña

Estrategias de comunicación en la familia

25 febrero

Teresa Domínguez Pérez

Desarrollo de competencias en la familia

26 marzo

Jesús Martínez Carracedo

Vivir éticamente para morir dignamente

6 mayo

Agueda Gutierrez

La importancia de los hábitos en la práctica de la actividad físico-deportiva para todos

27 mayo

Jorge Soto

¿Qué educación para que sociedad? Las TIC en la sociedad del conocimiento