Este mércores a corporación municipal celebra pleno extraordinario
A corporación municipal de Tui celebrará pleno extraordinario, a sesión 8/2024, este mércores, 31 de xullo, ás 20 h. A orde do día é a seguinte:
A) Parte resolutiva:
1. Aprobación das actas das sesións anteriores. Sesión nº 6 do 30/05/2024 e sesión nº 7 do 21/06/2024.
2. Expediente 1577/2024. Ditame da Comisión informativa de Economía, Facenda e Contas favorable á proposta do concelleiro delegado de Economía e Facenda, Urbanismo, Arquitectura pública, Planeamento, Espazos Naturais e Áreas de Lecer e Parque Móbil de data 17/07/2024. Elaboración e Aprobación do Orzamento 2024.
3. Expediente 2377/2023. Ditame da Comisión informativa de Economía, Facenda e Contas favorable á proposta da Alcaldía de data 02/07/2024. Aprobación definitiva da Modificación da Ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre Bens Inmobles do Concello de Tui.
4. Expediente 889/2024. Conta Xeral 2024.
5. Expediente 629/2024. Ditame da Comisión informativa de Obras, Servizos Municipais, Servizos Sociais e Persoal favorable á proposta da concelleira delegada de Emprego e Formación, Comercio, Igualdade,Turismo, Patrimonio e Conxunto Histórico de data 09/07/2024. Resolución de alegacións e aprobación definitiva da Ordenanza reguladora do Mercado Municipal de Abastos do Concello de Tui.
6. Expediente 1510/2024. Ditame da Comisión informativa de Obras, Servizos Municipais, Servizos Sociais e Persoal favorable á proposta da Alcaldía de data 20/05/2024. Planificación e Ordenación de Persoal. Revisión/modificación da Relación de Postos de Traballo do Concello de Tui.
7. Expediente 1375/2017. Ditame da Comisión informativa de Urbanismo, Patrimonio e Contratación favorable á proposta do concelleiro delegado de Economía e Facenda, Urbanismo, Arquitectura pública, Planeamento, Espazos Naturais e Áreas de Lecer e Parque Móbil de data 19/07/2024. PROCEDEMENTO DE REVISIÓN DA LICENZA URBANÍSTICA OUTORGADA A D. MANUEL MÍGUEZ GÓMEZ POLA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO CONCELLO DE TUI DE 3.11.2017.
8. Expediente 1629/2024. Ditame da Comisión informativa de Honras e Distincións favorable á proposta da concelleira delegada de Emprego e Formación, Comercio, Igualdade,Turismo, Patrimonio e Conxunto Histórico de data 28/06/2024. Denominación de senda do río Furnia, como “Senda do río Furnia - Agatha Broeskamp”.
9. Ditame da Comisión informativa de Obras, Servizos Municipais, Servizos Sociais e Persoal favorable á proposta da Alcaldía de data 19/07/204. Cambio na periodicidade e no horario das sesións plenarias.
10.Moción presentada polo PP (nº RXE 2024-E-RE-2918 do 24/07/2024) relativa á mellora da accesibilidade ás persoas con diversidade funcional.
B) Actividade de control:
C) Rogos e preguntas: