Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Encontro con Belén Varela autora de “El cielo de los imperfectos” na programación do 8M

6/03/2024

Será mañá xoves ás 19.30 h na Sala Félix Rodríguez

El cielo de los imperfectos é o título da primeira novela de Belén Varela. Mañá xoves, 7 de marzo, ás 19.30 h na Sala Félix Rodríguez, dentro da programación do 8M terá lugar un encontro coa escritora que presentará o seu libro.

Licenciada en Dereito está especializada en dirección de persoas e psicoloxía positiva aplicada. É experta en organización de persoas impartindo conferencias e asesorando a empresas na xestión do talento e na organización do traballo. Tamén é impulsora do movemento FET, Felicidade no Traballo.  Ten publicados La Rebelión de las Moscas en 2012 e Jobcrafting en 2019 nos que aborda aspectos prácticos da psicoloxía de organización e o benestar laboral. Agora na súa primeira novela El cielo de los imperfectos ofrece unha perspectiva única, aguda e impactante da sociedade contemporánea. Na obra presenta unha trama envolvente e personaxes intrigantes ao tempo que ofrece una mirada crítica sobre o imperio das aparencias e a obsesión pola perfección. A novela está protagonizada por Olivia, unha muller cunha prometedora carreira coma avogada nun gran despacho internacional, que decide deixalo todo e perseguir os seus ideais. Ao longo da trama abórdase a conciliación laboral, o teito de cristal e a busca obsesiva da perfección.

 

Tui  8M, Día Internacional da Muller | “Contra o negacionismo máis feminismo

Xoves, 7 de marzo

  • Ás 19.30 h na Sala Félix Rodríguez
    • Encontro coa escritora Belén Varela que presentará o seu libro “El cielo de los imperfectos”.